O Grupo Operativo Gayas é un proxecto innovador centrado nas canles de comercialización para transformar os produtos das pequenas granxas locais de montaña. A liña de traballo principal é a elaboración de comidas preparadas e a súa venda directamente ao consumidor.
Naceu co obxectivo de revitalizar e diversificar a economía das zonas rurais da montaña de Lugo e o suroccidente asturiano. Traballando para fortalecer o tecido produtivo local do sector agroalimentario mediante a innovación; desenvolvendo proxectos de transformación agroalimentaria e establecendo cadeas curtas de comercialización.
Esta é unha actuación cofinanciada ao 80% pola Unión Europea co «Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural: Europa inviste nas zonas rurais» (FEADER) e ao 20% polo Programa Nacional de Desarrollo Rural do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación a través da Dirección General de Desarrollo Rural, innovación y formación Agroalimentaria (DODRIFA). Podes ver máis información na web da Comisión Europea.
Quen forma parte de Gayas?
O Grupo Operativo Gayas fomenta a colaboración entre produtores, entes turísticos e entidades investigadoras, co obxectivo de innovar na comercialización dos produtos agrogandeiros.
- ASGAFON. A nosa asociación desenvolveu unha liña de produtos cociñados e puxo en marcha un Centro de Transformación Rural (CTR) na Fonsagrada. Os nosos produtos están á venda na plataforma Son de Lugo.
- A Carqueixa. Cooperativa de gandeiros dos Ancares, que puxo en marcha o CTR de Cervantes e lanzou os seus pratos cociñados a través da súa propia web.
- Eiroa Ibias. Empresa familiar de San Antolín de Ibias, en Asturias. Rexentan unha tenda na que comercializan produtos da zona e os seus pratos cociñados. Puxeron en marcha o terceiro CTR do Grupo Operativo.
- Xeodestino Ancares Terras de Burón. O ente turístico local, desenvolve produtos turísticos baseados na gastronomía do territorio e impulsa iniciativas para fomentar os circuitos curtos de comercialización e as relacións entre o sector agrogandeiro e o hostaleiro. Traballa para que as persoas que visitan o territorio saiban que temos plataformas onde poden adquirir os produtos locais e recibilos nas súas casas.
- Mel Outurelos. Produtor de mel e produtos apícolas de alta calidade. A través da súa web e tamén da nosa plataforma Son de Lugo, comercializa os seus produtos.
- Queixería Casa Páxaro. Gandería de caprino ubicada en Tormaleo, con tradición pastoril na que se produce leite de cabra, queixos artesanais e derivados.
- Grupo de Economía Agroalimentaria e Medioambiental, Desenvolvemento Rural e Economía Social da USC, “Ecoagrasoc”. A súa labor no grupo operativo é o apoio á innovación con investigación científica, asesoramento técnico e a organización de actividades de formación especializadas.
Da aldea á casa
Dentro do grupo operativo, creáronse tres CTR (Centros de Transformación Rural), en Cervantes, A Fonsagrada e San Antolín de Ibias. En ASGAFON somos os encargados de xestionar o da Fonsagrada, ao que lle incorporamos tamén unha tenda de produtos locais. Desde este centro, elaboramos a nosa liña de pratos cociñados co obxectivo de poder facer chegar as receitas tradicionais elaboradas con ingredientes de proximidade e coa nosa mellor carne, a toda a península.
Para o lanzamento do proxecto puxémos á venda nove receitas: tenreira guisada, lingua estufada, albóndegas en salsa, empanada de montaña, cocido Son de Lugo, sopa de cocido, caldo con verdura de tempada, fabada e callos. Estas receitas van variando cada semana.
Os nosos Pratos cociñados
Os nosos pratos preparados envíanse envasados e listos para consumir, cumprindo esixentes normas de calidade e asegurándonos de que chegan á túa casa nunhas condicións óptimas para o seu consumo. Deste xeito, asegurámonos tamén de que o sabor dos produtos que empregamos se conserve e que cando os nosos clientes proban a comida, podan percibir o gusto das receitas tradicionais que seguimos.
Elaboramos os nosos pratos na Fonsagrada, con produtos de proximidade e coa mellor carne, a das nosas ganderías de montaña. Producimos en harmonía e respectando cos recursos naturais da zona.
Apoiando proxectos coma os que levamos a cabo desde o Grupo Operativo Gayas, estás axudando a que podamos seguir traballando e creando oportunidades de negocio no rural, e asegurando uns prezos xustos para os produtores.
Podes coñecer máis información sobre o proxecto do Grupo Operativo a través de www.gayas.es. Se queres probar a calidade dos nosos produtos, que adoitan estar fóra das canles de comercialización habituais, pódelo facer visitando a nosa tenda física na Fonsagrada ou senón a través da web de www.sondelugo.com.