Son de Lugo
Podes mercar os nosos produtos en www.sondelugo.com.
Son de Lugo é a plataforma que reúne aos pequenos produtores e produtoras da provincia de Lugo para comercializar os seus produtos de forma conxunta e que xestiona de forma directa a Asociación de Gandeiros A Fonsagrada.
Ao mercar en Son de Lugo estás axudando ao sector agrogandeiro local e aos proxectos de pequenas marcas produtoras coma nós.
![Comercializacion-directa-ternera-gallega Comercializamos directamente a nosa mellor Tenreira Galega Suprema](https://asgafon.com/wp-content/uploads/elementor/thumbs/Comercializacion-directa-ternera-gallega-q2aek9ime0i9raiklknoie84ftypjdstzjdg77h74o.jpg)
Sen intermediarios
Nos últimos anos, desde ASGAFON traballamos para poder ofrecer os nosos produtos a través de diferentes canles e poder abrir novas liñas de comercialización para diferentes tipos de consumidores. Esta estratexia permitiunos expandir a nosa presenza no mercado e ofrecer novos produtos.
Na actualidade contamos cunha plataforma de venda a través de Internet e cunha tenda física na Fonsagrada. Vimos de lanzar unha nova liña de pratos cociñados e son cada vez máis os establecementos de restauración que incorporan nos seus menús a mellor Tenreira Galega Suprema, a das nosas ganderías.
Para nós é unha honra poñer en marcha estas iniciativas, pero se hai algo do que nos sentimos especialmente orgullosos é de que estas iniciativas se xestionen co noso propio equipo e desde A Fonsagrada.
A nosa tenda física na Fonsagrada
A principios de 2023 abrimos a tenda de produtos locais de ASGAFON na Fonsagrada. Un establecemento onde comprar alimentos de calidade, de proximidade e con todas as garantías.
A nosa calidade tradúcese en mel, embutidos, queixos, viños, cervexas, conservas, produtos da horta, zumes, marmeladas, cosmética ecolóxica, infusións, tés… son só algúns dos produtos que podes encontrar na tenda. E por suposto, os nosos propios pratos cociñados como na casa e listos para levar.
![Cociña da aldea, directa á túa casa(2) Cociña da aldea, directa á túa casa(2)](https://asgafon.com/wp-content/uploads/elementor/thumbs/Cocina-da-aldea-directa-a-tua-casa2-q2aeq8rlfd3hxe65irag44dy0jmawo4qs23grt4mg0.png)
![Ternera Gallega Suprema Guisada](https://asgafon.com/wp-content/uploads/2023/02/ternera-guisada.jpg)
A comida de orixe, da aldea á casa
Formamos parte do Grupo Operativo GayAs, para desenvolver unha liña de pratos que cociñamos na Fonsagrada, listos xa para quentar e desfrutar das mellores receitas tradicionais. Ideal para as persoas que buscan unha opción de calidade e deliciosa.
Entre os pratos que cociñamos podes atopar: tenreira guisada, lingua estofada, albóndegas en salsa, empanada da montaña, cocido, sopa de cocido, caldo de tempada, fabada ou callos. A carne que empregamos nestas receitas é sempre Tenreira Galega Suprema.
Hostalaría, restauración e compras por volume
Seguimos a impulsar as canles maioristas e podes atopar a carne procedente das ganderías de ASGAFON en moitas carnicerías.
Traballamos para prover a restaurantes e establecementos hostaleiros coa nosa carne e pratos cociñados. Tes un establecemento deste tipo? Contáctanos!
![Ternera Gallega Suprema sin intermediarios](https://asgafon.com/wp-content/uploads/2023/02/Imaxe9-Portada-1024x682.jpg)