ASGAFON
Mercar os nosos produtos

Gandeir@s da Fonsagrada

A Asociación de Gandeiros A Fonsagrada (ASGAFON) nace da unión de varias familias gandeiras no 2007 para traballar en conxunto e dar un impulso ás nosas granxas da montaña, profesionalizando a súa xestión e favorecendo a súa sostibilidade.

Na actualidade somos máis de 100 socios e socias que temos as nosas vacas pastando en liberdade e a actividade agrogandeira é o noso principal modo de vida.

Asociación de Gandeiros A Fonsagrada

Garantir o futuro do rural

Un dos fins principais de ASGAFON é fomentar o desenvolvemento sustentable no medio rural, mellorando as condicións sociais, económicas, laborais, medioambientais e incluso emocionais da vida no campo.

No marco desta asociación traballamos en proxectos de comercialización directa e transformación dos nosos produtos; facemos compras conxuntas para poder ser máis competitivos e innovamos no sector agrícola e gandeiro mantendo un manexo do gando tradicional e respectuoso co medio e a paisaxe da que formamos parte.

Esta tamén é a nosa pequena contribución desde A Fonsagrada, á loita contra o despoboamento, creando oportunidades e calidade de vida no rural. Sen renunciar a nada, sen que nos fagan marchar.

#somosASGAFON

Asóciate

Traballamos en rede para conseguir un sector agrogandeiro máis profesionalizado, mellorar as nosas ganderías e a calidade de vida dos nosos socios e socias.

Novas

Son de Lugo - Asgafon

Son de Lugo, a rede dos pequenos produtores da provincia de Lugo

Hoxe queremos falarvos de Son de Lugo, a rede de pequenas marcas produtoras agroalimentarias da provincia de Lugo. Esta iniciativa, que lideramos desde ASGAFON, estase ...
LER MÁIS

Gandería en extensivo: o noso modelo de cría tradicional

Estamos na provincia de Lugo, na zona centro-oriental, nun sistema montañoso que fai fronteira natural con Asturias. Temos un clima de montaña cunha temperatura media ...
LER MÁIS

Os nosos produtos

Scroll ao inicio