Gandeir@s da Fonsagrada
A Asociación de Gandeiros A Fonsagrada (ASGAFON) nace da unión de varias familias gandeiras no 2007 para traballar en conxunto e dar un impulso ás nosas granxas da montaña, profesionalizando a súa xestión e favorecendo a súa sostibilidade.
Na actualidade somos máis de 100 socios e socias que temos as nosas vacas pastando en liberdade e a actividade agrogandeira é o noso principal modo de vida.


Garantir o futuro do rural
Un dos fins principais de ASGAFON é fomentar o desenvolvemento sustentable no medio rural, mellorando as condicións sociais, económicas, laborais, medioambientais e incluso emocionais da vida no campo.
No marco desta asociación traballamos en proxectos de comercialización directa e transformación dos nosos produtos; facemos compras conxuntas para poder ser máis competitivos e innovamos no sector agrícola e gandeiro mantendo un manexo do gando tradicional e respectuoso co medio e a paisaxe da que formamos parte.
Esta tamén é a nosa pequena contribución desde A Fonsagrada, á loita contra o despoboamento, creando oportunidades e calidade de vida no rural. Sen renunciar a nada, sen que nos fagan marchar.
#somosASGAFON
Asóciate
Traballamos en rede para conseguir un sector agrogandeiro máis profesionalizado, mellorar as nosas ganderías e a calidade de vida dos nosos socios e socias.
Novas
Descubre o noso menú semanal
Nestes últimos meses estivemos traballando nun proxecto que nos fai dar un paso máis na comercialización dos nosos produtos: unha liña de pratos cociñados e …
A nosa tenda de produtos locais
Abrimos a nosa propia tenda de produtos locais de calidade na Fonsagrada!! Se te achegas á nosa vila, podes atoparnos na Avenida de Galicia 22, …
Grupo Operativo GAYAS, a cociña de aldea na túa casa
O Grupo Operativo Gayas é un proxecto innovador centrado nas canles de comercialización para transformar os produtos das pequenas granxas locais de montaña. A liña …
Son de Lugo, a rede dos pequenos produtores da provincia de Lugo
Hoxe queremos falarvos de Son de Lugo, a rede de pequenas marcas produtoras agroalimentarias da provincia de Lugo. Esta iniciativa, que lideramos desde ASGAFON, estase …
Gandería en extensivo: o noso modelo de cría tradicional
Estamos na provincia de Lugo, na zona centro-oriental, nun sistema montañoso que fai fronteira natural con Asturias. Temos un clima de montaña cunha temperatura media …