Nestes últimos meses estivemos traballando nun proxecto que nos fai dar un paso máis na comercialización dos nosos produtos: unha liña de pratos cociñados e comida para levar.
Desde ASGAFON traballamos neste proxecto con empeño para ofrecer unha opción saudable e saborosa, con ingredientes de proximidade e na maior parte producidos polos nosos socios e socias. Estamos felices de poder ofrecer esta alternativa de comida para levar única na zona.
Cada semana elaboramos diferentes pratos listos para levar ou comer alí. Abrimos de martes a sábados (de feira), en horario ininterrompido de 12 a 17 horas. Os sábados de feira son o primeiro e terceiro de cada mes.
Son unha opción pensada para as persoas que non teñen tempo para cociñar, pero tamén para estudantes, para persoas que traballan e teñen que comer fóra ou simplemente para un día puntual que non che apeteza cociñar ou queiras probar un prato diferente.
Tamén cociñamos para ti se tes unha festa ou un evento e queres ofrecer o mellor na túa casa. Ou se queres convidar á túa familia ou amigos a comer un día especial. Consúltanos menús sen compromiso.
Podemos envasalos en atmosfera protectora, para que se conserven varios días en perfectas condicións. Poden quentarse no microondas ou nunha pota ou sartén e son ideais para comer ben e de xeito rápido, porque a diferencia dos precociñados que se venden nos supermercados, os nosos pratos están libres de conservantes e aditivos.
Un menú para levar
A principios de semana publicamos nas nosas redes sociais un menú de 3 ou 4 pratos que estarán dispoñibles para pasar a recoller martes, mércores e xoves na nosa tenda da Avenida de Galicia da Fonsagrada. Pero tamén temos unha serie de pratos que preparamos por encargo.
Séguenos en Facebook e Instagram para enterarte de todo!
Por encargo
Fóra do menú semanal temos unha serie de receitas tradicionais que elaboramos por encargo e que se poden reservar por teléfono ou Whatsapp no 607610468 e pasar a recollelos na nosa tenda.
- Tenreira guisada
- Lingua estufada
- Albóndegas en salsa
- Empanada da montaña
- Empanada de zorza de tenreira
- Cocido
- Sopa de cocido
- Caldo con verduras de tempada
- Fabada
- Callos
Son receitas tradicionais con sabor auténtico, perfectas para evitar cociñar cando tes invitados/as ou tamén para cáterings e ocasións especiais. Se aínda non probaches a nosa comida para levar, animámoste a facelo! Visítanos na nosa tenda de produtos locais da Fonsagrada ou reserva por teléfono ou Whatsapp.