Hoxe queremos falarvos de Son de Lugo, a rede de pequenas marcas produtoras agroalimentarias da provincia de Lugo. Esta iniciativa, que lideramos desde ASGAFON, estase convertindo pouco a pouco nun portal de referencia para poder comprar produtos de Lugo na Rede.
En Son de Lugo podes atopar a mellor carne Tenreira Galega Suprema, a das nosas ganderías socias, pero tamén podes atopar mel, viño, cervexas, pan, cosmética natural, infusións, conservas de vexetais, embutidos e moito máis! Todos produtos de gran calidade e elaborados na nosa provincia.
Unha vintena de proxectos locais formamos xa parte deste portal web, no que os consumidores poden acceder a unha ampla variedade de produtos e facer unha compra variada nunha única web e con poucos clics.
Apoiar o comercio local e a economía rural
Comprar na web Son de Lugo é unha forma de apoiar as pequenas marcas e produtoras locais, facendo medrar os seus proxectos e tamén a economía rural da provincia de Lugo.
Así que xa sabes, se queres descubrir e desfrutar dos nosos produtos locais, merca en Son de Lugo!