Actividade
Somos unha entidade de representación, defensa e promoción dos intereses profesionais, sociais, económicos e culturais dos nosos asociados e asociadas.
O noso equipo de traballo colabora man a man coas nosas ganderías asociadas, dándolles servizo e impulsando iniciativas e proxectos conxuntos.
Como institución, participamos do tecido asociativo e colaborativo galego, involucrándonos en proxectos conxuntos con outras entidades, institucións e empresas.
Servizos
Os servizos que se prestan desde a Asociación responden aos fins marcados nos estatutos de creación de ASGAFON, prestando especial atención ás labores de asesoramento, formación e información en materia de agricultura, gandería, montes e medio ambiente.
ACOMPAÑAMENTO
Estamos aquí para asesorar desde o primeiro momento no que alguén inicia un proxecto na actividade agrogandeira. Apoiando especialmente ás mulleres e ás persoas mozas.
De forma continua informamos sobre axudas, regulacións e novidades que
afectan á actividades dos e das asociadas.
TRAMITACIÓN DE AXUDAS
Xestionamos as solicitudes da Política Agraria Común (PAC) e outras axudas de medio rural. Contamos cun plan de aconsellamento e de propostas de mellora, así como cun sistema de seguimento de orientacións. Realizamos estudos técnicos e plans empresariais para todos os procedementos relacionados coa actividade agraria e medioambiental.
COMPRAS EN CONXUNTO
A nosa asociación ten o peso de todos os socios e socias para negociar acordos e prezos en conxunto que nos beneficien a todos.
Defendemos os intereses das nosas ganderías, conseguindo prezos ata un 15% por debaixo dos que marca o mercado en gasóleo, pensos, abonos, plásticos para ensilado, forraxes...
COMERCIALIZACIÓN DIRECTA
Contamos con varias liñas de venda directa dos nosos produtos, tanto a
maioristas como a consumidor final, conseguindo uns prezos xustos para as nosas ganderías.
Contamos cunha plataforma de venda online e unha tenda física na Fonsagrada na que non temos intermediarios.
Traballamos en rede con outros produtores e produtoras en proxectos innovadores de transformación dos nosos produtos,
sempre poñendo en valor ao produtor primario.
ENTIDADE IDENTIFICADORA
Tramitamos altas, baixas, duplicados, guías de vacún, etc.
FORMACIÓN CONTINUA
As actividades agrícolas, gandeiras e forestais esixen unha profesionalización cada vez maior, polo que organizamos actividades formativas e talleres sobre temáticas relevantes e de interese para as persoas asociadas.
Equipo de traballo
ASGAFON conta cun equipo propio de traballo que asesora, apoia e dá servizo ás diferentes ganderías, adegas e produtoras apícolas asociadas.
Ana María Varela Fraga
Administrativa
Rocío Regueiro Fernández
Enxeñeira Agrónoma
Pablo Pérez Santoalla
Veterinario
Isabel Castelao Fernández
Cociñeira