Faite socio ou socia

Ser membro da Asociación de Gandeiros A Fonsagrada é unha oportunidade única para unirse a outros profesionais e pequenos produtores con intereses e obxectivos similares.

A través da cooperación, o traballo en rede e a profesionalización, conseguimos mellorar a calidade de vida e os beneficios das nosas ganderías familiares da montaña.

Asociarse para continuar avanzando

Ano a ano, ASGAFON vai medrando e ampliando os seus servizos en función das demandas e necesidades das persoas asociadas. 

Temos o firme convencemento de que asociarnos é o mellor camiño. Nestes máis de quince anos de traxectoria, en ASGAFON formamos unha comunidade, compartimos valiosos recursos e contamos cun equipo de traballo dedicado a defender os intereses do rural.

Tipos de socio/A

É posible asociarse a ASGAFON tanto se estás pensando en incorporarte á actividade agrogandeira como se xa levas tempo no sector. Como non todas as persoas socias teñen as mesmas necesidades, temos diferentes opcións para incorporarse á asociación. 

TIPO 1

TIPO 2

TIPO 3

A nosa sede e núcleo central está na Fonsagrada, pero temos asociados de diferentes municipios tanto de Galicia como de Asturias, que reciben distinto tipo de asesoramento.

Se algunha das cousas que explicamos na nosa web che parece interesante, podes poñerte en contacto con nós sen compromiso.

Infórmate

Chama ao 982 340 486

Scroll ao inicio